Mirás inicia en Ordes a súa programación de xuntanzas coa militancia para explicar o seu proxecto e recoller demandas

241014-O-SX-de-Ordes-presenta-a-Miras-web

O precandidato no proceso de primarias para a Secretaría Xeral Provincial Manuel Mirás inicia hoxe en Ordes a súa programación de encontros coa militancia. Mirás explicará aos asistentes as propostas que propón para o reforzamento do PSdeG na provincia coruñesa, que pasan en primeira instancia polo reforzamento das agrupacións locais. 

O rexedor orosán ten como obxectivo conseguir unha executiva provincial que traballe en permanente contacto coas bases do partido, e por iso para as vindeiras semanas ten preparada unha planificación de visitas por toda a xeografía coruñesa, coa intención de poder explicar persoalmente o seu proxecto a todas as agrupacións locais.

De feito, a proximidade e a unidade son as dúas claves do traballo que Mirás quere abordar como Secretario Provincial. En primeiro lugar, o seu obxectivo é lograr comunicación periódica e estable coas agrupacións locais, de tal forma que se poida analizar en conxunto a problemática que viven en cada municipio, e desenvolver plans de actuación que permitan trasladar á veciñanza o proxecto socialista.

Esta comunicación periódica, a xuízo de Mirás, ha de ser estrutural, pois abrangue tamén aos distintos cargos do partido (parlamentarios, deputados provinciais, senadores e alcaldes). Segundo o político orosán, todos os cargos electos deben manter reunións periódicas para traballar en conxunto. Á súa vez, os cargos electos han de manter encontros periódicos cos militantes e simpatizantes. A misión deste proceso será promover un proxecto unánime e identificable do PSdeG provincial.

Manuel Mirás explicará hoxe pormenorizadamente estas ideas á militancia de Ordes, e durante a fin de semana manterá encontros similares en Frades, As Pontes e O Pino, foros nos que se encontrará tamén coa militancia de Touro, A Capela e Cabanas. Nestas xuntanzas agarda recoller máis ideas a partir das demandas e suxestións que lle transmitan os asistentes.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s