Mirás: “Para poder chegar á Xunta, a Monte Pío e á Moncloa hai que gobernar en moitos concellos pequenos”

Frades-2-para-web

O precandidato ás primarias da Secretaría Provincial coruñesa Manuel Mirás avogou hoxe por unha executiva provincial que facilite asesoramento local “a todos os niveis, para os concelleiros e para os non concelleiros”. Nunha xuntanza na sede da Agrupación Local de Frades, o Alcalde de Oroso espuxo a necesidade de reforzar as agrupacións locais do partido nos 93 concellos da provincia. “Para poder chegar á Xunta, a Monte Pío e á Moncloa, hai que gobernar en moitos concellos pequenos”, argumentou.

Mirás fixo autocrítica na súa exposición de reconstruír o partido provincial “de abaixo a arriba”: “En distintas épocas o noso partido dedicoulle moita atención ás grandes e medianas cidades e menos ás pequenas localidades”, dixo, e como consecuencia, “concelleiros e concelleiras que dedicaron moita loita acabaron abandonados”.

Traballo de atención local para “ter a mesma voz”

Nesta liña de argumentación, Manuel Mirás explicou aos asistentes a súa idea de constituír un Consello Provincial de Alcaldes, así como consellos comarcais para que os distintos cargos públicos socialistas poñan en común o seu traballo e obxectivos, “para ter todos a mesma voz”. Mirás fixo fincapé na necesidade de que estes foros comarcais sexan accesibles de forma doada “para calquera militante ou simpatizante que queira proponer algo”.

O precandidato de Oroso púxose na pel dos alcaldes e concelleiros para explicar esta proposta: “Quizais o que fan os deputados ou os parlamentarios autonómicos non o conocemos ben, pero é un traballo moi importante. Pero se nolo veñen explicar, entenderemos como traballan en por que o están facendo, e tamén será máis doado que recollan as nosas propostas”. “En vez de pedir un un cacho de estrada e outro outro cacho, pódese facer un proxecto comarcal, que tería moita máis forza”, exemplificou.

Mirás destacou a necesidade de abordar este traballo partindo dunha análise da problemática local en cada municipio para reforzar cada agrupación. Considerou tamén necesario impulsar unha Secretaría de Cidades, para os municipios de máis de 40.000 habitantes.

Proximidade tamén coa cidadanía e simpatizantes

Manuel Mirás manifestou a súa vontade de implantar “esa política de proximidade” na forma de traballar nos concellos de cara á cidadanía. De novo votou man da súa experiencia como Alcalde de Oroso: “Cando me reúno coa veciñanza nos cafés co Alcalde, pregúntame cousas moi sensatas. As veciñas e os veciños cando ven proximidade non piden cousas raras, non piden cousas que non se poden facer”, valorou.

De forma paralela, asegurou que “hai que incentivar os simpatizantes, tendo en cada agrupación un censo de simpatizantes”, de tal forma que “poidan participar nas asembleas comarcais, para que poidan expresar o seu sentir e nos traian aire fresco”. Esta vía de comunicación cos simpatizantes permitirá, ao seu ver, “conseguir novos afiliados e novos valores, novos concelleiros e concelleiras”.

Finalizou a súa intervención lanzando unha mensaxe de ánimo ao respecto do futuro do partido na provincia: “Somos o único partido de esquerdas que pode constituír unha alternativa”.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s