Mirás aposta por unha executiva “de integración” representada por unha persoa “de consenso” en cada comarca

O-Pino-web

O precandidato ás primarias provinciais Manuel Mirás destacou a necesidade de volcarse o antes posible nas eleccións municipais, por iso asegurou que, de ser elixido novo Secretario Xeral na provincia, formará “unha executiva de integración coa intención de conseguir un mínimo dun 80% de votos favorables”. “Quero falar con todas as comarcas e que me propoñan persoas de integración, que teñan bo feeling con todos no partido”, explicou.

Na xuntanza de onte coa agrupación de O Pino, con presenza tamén de militancia de Touro, Mirás dixo esperar unicamente que “a sete meses das eleccións, o partido saia reforzado”. “Este proceso sucede no peor momento. Despois quedarán cinco meses escasos. Por iso, gañe quen gañe, debería haber unha executiva de consenso. Eu desde logo vou traballar para que así sexa e para vertebrar un partido na provincia e establecer como prioridade as eleccións municipais”, recalcou.

Ao seu xuízo as agrupacións “non están tan mal como ás veces se nos fai ver”. Opinou que “hai xente marabillosa” que, non obstante, “necesita axuda”. “Temos que discutir, pero saír das nosas reunións unidos e traballando con lealdade”, dixo.

O rexedor orosán explicou aos asistentes a súa intención de promover un programa de proximidade para o reforzamento das agrupacións. No marco deste programa aposta por desenvolver con cada unha delas a análise da súa problemática, para en segundo lugar facer un plan de traballo a curto e medio prazo. Mirás quere implantar un código de boas prácticas que abranga un apartado de formación para os militantes, ao respecto da estrutura orgánica do partido e cargos electos. Esta formación tamén sería implantada para os novos concelleiros. Ao seu ver, “no código ético ten que estar o ideario socialista, e información sobre como é o funcionamento do partido”.

Por outra banda defendeu a necesidade de fomentar a comunicación directa entre a simpatizantes, militancia, cargos orgánicos e cargos públicos do partido. “Para que sexamos cribles habería que presentar proxectos provinciais ou polo menos comarcais”, valorou, “propoñer obras de interese para toda a provincia ou para unha comarca”.

Neste punto mostrouse a favor de “dar máis protagonismo ás comarcas”, mediante asembleas que constitúan o punto de encontro entre afiliados, cargos orgánicos e cargos públicos, e tamén aberta a simpatizantes,”para contar con máis xente nova que vaia sumándose ao proxecto”.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s