Manuel Mirás estará hoxe coa militancia de Ames e mañá en Negreira

O precandidato orosán á Secretaría Xeral coruñesa, Manuel Mirás, estará hoxe mércores, día 29 de outubro, coa militancia de Ames para explicar o seu proxecto para a futura executiva provincial. Esta xuntanza terá lugar na sede da Agrupación Local (na Rúa Agrelo de Bertamiráns) ás oito e media da tarde. Mañá visitará Negreira, onde se encontrará coa militancia na Casa da Cultura. 

Manuel Mirás comezou o pasado vernes en Ordes a súa programación de visitas ás agrupacións locais para explicar as súas propostas para o reforzamento do PSdeG na provincia. O sábado visitou Frades e As Pontes, e o domingo O Pino. Mañá retomará o seu percorrido pola provincia para trasladar o seu convencemento de que o partido ten que ser reconstruído “de abaixo a arriba”. Por iso parte da necesidade de prestar apoio e asesoramento ás agrupacións locais, tanto no eido político coma xurídico.

Nestas reunións Mirás explicará polo miúdo aos asistentes estas ideas e terá a oportunidade de coñecer de primeira man as opinións, suxestións e problemas da militancia de ambas localidades.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s