Mirás: “Planificación, obxectivo e estratexia son os piares para sacar este partido adiante”

Encontro-Ames-web

O precandidato á Secretaría Xeral Provincial Manuel Mirás explicou á militancia socialista de Ames que “planificación, obxectivo e estratexia son os piares fundamentais para sacar este partido adiante”. No encontro celebrado onte á noite na Agrupación Local amesá, Mirás recoñeceu que no PSdeG están “acostumados a traballar de forma desorganizada”. Puxo como exemplo a ausencia na meirande parte das agrupacións dun censo de simpatizantes, “no que hai que traballar para ser fortes en todas as localidades”. “Estamos a sete meses dunhas eleccións municipais e hai que facer o que se poida, non perder o que temos”, destacou.

Para iso chamou a “contar coa militancia”, a través do contacto directo. “Este partido funcionou sempre igual: mirade canta xente se mobiliza nunha campaña, pero despois non nos acordamos desa xente”, reprobou.

O Alcalde de Oroso destacou a necesidade de facer unha política de proximidade en todas as localidades, o que “é posible con planificación e estratexia”. Os candidatos socialistas “teñen que ser vistos pola maioría silenciosa”, explicou, “a señora maior e o señor maior que non van ao bar nin a facer a compra, esa xente que non vai a ningún sitio máis que á misa, son a maioría silenciosa”. Neste sentido, instou a buscar o encontro con todos os veciños do municipio, “traballando paso a paso”.

Formación

Para lograr este achegamento ao conxunto da sociedade local, Mirás avogou por “ensinar a dúas ou tres persoas en cada agrupación a comunicar”. “Podemos ter as mellores ideas do mundo, e facer as mellores cousas do mundo, pero se non sabemos comunicar non facemos nada”. Ao seu xuízo “á xente que se mete en política hai que ensinarlle a comunicar”. “Hai quen nace orador, pero normalmente apréndese”, recalcou, para despois exemplificar que “cando o secretario xeral dunha agrupación ten diante vinte persoas, sempre ten que aproveitar para comunicar”.

Pero a comunicación é só unha das áreas que abrangue a súa aposta pola formación, que inclúe tamén “asesoramento xurídico, urbanístico e sobre o propio partido”.

Mirás avogou por un asesoramento xurídico unificado, para evitar recorrer a avogados que defenderon a cargos socialistas que posteriormente traballaron para o PP, ou que mesmo asesoran a ambos partidos de forma simultánea. Asemade, considera “fundamental” que os militantes do partido coñezan a estrutura orgánica do PSdeG e do PSOE, así como que os novos concelleiros reciban formación sobre os procedementos que se realizan nun concello, tanto desde o equipo de goberno como desde a oposición.

Ter “unha soa voz”

O rexedor orosán reiterou en Ames a necesidade de constituír un consello provincial de alcaldes, con reunións trimestrais, para falar “cunha soa voz” en asuntos de interese común. Da mesma maneira, avogou por constituír consellos comarcais para reunir a cargos orgánicos e públicos do partido xunto coa militancia local. O obxectivo, dixo, é fortalecer as comarcas.

Desde o seu punto de vista non hai que esquecer o contacto permanente cos simpatizantes, para os que quere que os consellos comarcais sexan accesibles, porque “hai que ir facendo canteira”.

“O obxectivo fundamental é volver a ser o que fomos na provincia”, rematou.

Manuel Mirás arrincou o pasado venres 24 en Ordes a súa programación de visitas polas agrupacións locais para explicar o seu proxecto para a futura executiva provincial. Tras visitar Frades, As Pontes, O Pino e Ames, hoxe xoves 30 estará ás nove da noite en Negreira. O venres 31 estará tamén pola noite coa militancia de Tordoia e Trazo.

 

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s