Mirás aposta por un plan de formación en comunicación específico para as agrupacións locais

Xuntanza-carballo-web

O precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia da Coruña Manuel Mirás apostou hoxe por implantar un plan de formación en comunicación específico para as agrupacións locais: “Ten que haber dúas ou tres persoas en cada agrupación ás que lles ensinar a comunicar o noso proxecto”.

Na xuntanza mantida esta mañá en Carballo con militancia da comarca de Bergantiños, o Alcalde de Oroso reiterou que o PSdeG “é a única alternativa de esquerdas implantada en todos os concellos da provincia”. Non obstante, e de cara ás eleccións municipais, chamou a traballar “desde a cercanía”. Ao seu xuízo, “isto é o que ten que ser a política socialista, de cercanía”. “Pero para levala a cabo, primeiro temos que ser cercanos entre nós”, advertiu.

Mirás fixo estas afirmacións no marco do seu convencemento de que “hai que fortalecer as agrupacións concello a concello”. Para iso, adiantou, considera necesario facer unha análise da problemática de cada un dos municipios, para posteriormente desenvolver un plan de actuación específico a curto, medio e longo prazo. Destacou, por outra banda, a necesidade de implantar un código de boas prácticas que marque as pautas de actuación en toda a provincia.

Manuel Mirás apuntou ademais que é partidario de facilitar ás agrupacións “asesoramento integral” nos campos “xurídico, técnico e político”. Puxo como exemplo os casos de asesoramento legal, que ao seu ver teñen que ser levados por profesionais do propio partido.

Potenciar as comarcas

Todas estas propostas conducen ao reto que o precandidato orosán se plantexa de “potenciar as comarcas”. “Eu creo que desde que se pasou á provincia houbo máis distanciamento da militancia”, opinou. Por iso manifestou a súa vontade de pór en marcha asembleas comarcais, “que se reúnan polo menos dúas veces ao ano”, con presenza dos militantes e tamén de simpatizantes.

No transcurso da súa intervención, Mirás falou en varias ocasións da importancia de manter en cada agrupación un censo de militantes: “Hai xente que é reacia a ter un carné do partido, pero que sen embargo non ten problema en botar una man e en que a chames cando é necesario colaborar”, argumentou.

Tamén destacou a importancia de que os alcaldes socialistas da provincia poidan poñer cousas en común e falar “cunha soa voz” en cuestión de mutuo interese. Para iso propón a constitución dun Consello Provincial de Alcaldes, así como outro consello provincial para o encontro de cargos públicos e orgánicos do partido.

Executiva de integración

Mirás adiantou que, no caso de chegar á Secretaría Xeral provincial, pensa facer una executiva de integración, “non curta”, para dar cabida a todas as sensibilidades da provincia. Esta executiva estaría complementada “cunha permanente de entre cinco e sete persoas para o traballo inmediato que se ten que facer”, precisou. “Será unha executiva paritaria de homes e mulleres que ten que traballar para vertebrar este partido na provincia”, dixo.

“O obxectivo é volver a ser o que fomos na provincia, pero mellorado”, concluíu.

Manuel Mirás explicará o seu proxecto provincial esta tarde en Mazaricos e pola noite en Santa Comba. Mañá visitará á militancia de Padrón.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s