Mirás manterá mañá un encontro coa militancia de Ferrolterra para explicar a súa proposta provincial

xuntanza-santacomba

Xuntanza mantida onte en Santa Comba

O candidato á Secretaría Xeral coruñesa Manuel Mirás reunirase mañá coa militancia da comarca de Ferrolterra para explicar as súas propostas para reforzar o PSdeG na provincia. A sede da Agrupación Local de Neda será o lugar de encontro coa militancia, á que trasladará as súas ideas para renovar o partido “de abaixo a arriba”. A súa aposta fundaméntase no fortalecemento de cada agrupación, así como no impulso da comarca como unidade de traballo do partido.

O Alcalde de Oroso chegará a Neda tras un intenso fin de semana de reunións. O venres á noite estivo en Tordoia e onte, sábado, en tres localidades: Carballo, Mazaricos e Santa Comba. Esta mañá terá a ocasión de intercambiar opinións coa militancia de Padrón.

encontro-mazaricos

Encontro mantido tamén onte en Mazaricos.

 

A reunión prevista en Neda para mañá, luns 3 de novembro, comezará ás 20:30 horas. Desenvolverase na sede da Agrupación Local Socialista, emprazada na Avenida de Alxeciras, 93, entrechán.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s