Mirás: “Os liberados do partido teñen que estar a disposición das agrupacións 24 horas ao día, igual que o vou estar eu como Secretario Provincial”

encontro-neda-web

O precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG da Coruña Manuel Mirás foi crítico e taxante onte en Neda respecto do apoio que se lle está brindando ás agrupacións locais no exercicio das súas funcións nos concellos: “Os liberados do partido teñen que estar a disposición das agrupacións as 24 horas do día, igual que vou estar eu como Secretario Xeral”.

“Eu o que prometo, o fago”, destacou Mirás, tras expoñer neste encontro coa militancia de Ferrolterra o seu proxecto para a futura executiva provincial. Facilitar ás agrupacións formación sobre o partido; asesoramento político, xurídico e urbanístico; constituír un Consello Provincial de Alcaldes; constituír asembleas comarcais periódicas para a comunicación entre cargos orgánicos e públicos coa militancia e simpatizantes; e implantar un código de boas prácticas, son as liñas mestras de traballo que o tamén Alcalde de Oroso propón para rexenerar o partido na provincia.

Ás preguntas e suxestións dos asistentes, Mirás incidiu en que fai unha exposición de intencións “realista”: “O que eu vos traio aquí pódese levar a cabo, con traballo, dedicación e con cariño”, asegurou. Dixo atoparse “con ganas” e estar “gozando moitísimo coa campaña”. “Se saio Secretario Xeral vou gozar visitando as agrupacións para reconciliar o partido. Creo que falamos pouco e que tiramos un para aquí e outro para alá porque nos coñecemos pouco”, analizou.

Manuel Mirás instou a “remar todos na mesma dirección” e a “non estar este é dun sitio, este é do outro”. De feito, prometeu “unha executiva de consenso, da que hai que falar comarca a comarca para recoller todas as sensibilidades da provincia, e con igualdade de homes e mulleres”. Opinou que “é importante” que esta executiva saia “reforzada” no posterior congreso “cunha porcentaxe ampla”. Polo tanto, adiantou, “non pode ser unha executiva curta”. “Teño pensado crear unha permanente de entre cinco e sete persoas, porque é máis sinxela para coordinar para o traballo que hai que facer de aquí ás eleccións municipais”, engadiu.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s