Mirás avoga por un plan de implantación de XXSS na provincia porque é “o viveiro de renovación do PSdeG”

xuventudes-web

O precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia Manuel Mirás defendeu hoxe a necesidade de desenvolver “un plan de implantación de Xuventudes Socialistas en toda a provincia” porque “é o viveiro de renovación do PSdeG”. 

Nun encontro con Xuventudes no marco das súas reunións coa militancia para explicar as súas propostas para a futura executiva provincial, Mirás recoñeceu que a media de idade dos membros do partido xa é alta, porque “houbo moi pouca renovación”. “Desde a provincia temos que inculcar aos secretarios xerais que traten de implantar XXSS. Os secretarios teñen que ir buscando xuventude, porque é máis fácil que os mozos e mozas se adscriban a Xuventudes que ao partido”, argumentou.

Ao seu xuízo, Xuventudes “ten que ter un papel relevante na agrupación provincial” porque “desta organización depende o seu futuro”.

O candidato orosán comprometeu a súa axuda e disposición aos membros de Xuventudes, “gañe ou perda”, precisou, dado que “calquera compañeiro e compañeira vai facelo o mellor que se poida e hai que axudalo”. Neste contexto de reflexión Mirás asegurou que, de non chegar á Secretaría Xeral, estará a disposición do novo Secretario, “porque así é como debe funcionar este partido”

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s