Mirás insta ás agrupacións a “facer un proxecto cunha voz común” en temas de ordenación do territorio e urbanismo

acto-Pontedeume

O precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG da Coruña Manuel Mirás defendeu onte en Pontedeume a necesidade de que as agrupacións traballen para facer na provincia “un proxecto cunha voz común en temas de ordenación do territorio e urbanismo”, para “evitar conflictos” entre os concellos. 

O tamén Alcalde de Oroso fixo fincapé na conveniencia de que os alcaldes e voceiros socialistas manteñan un diálogo periódico e permanente para adoptar posturas conxuntas e coherentes en cuestións transversais, como é a ordenación do territorio, que sexan de interese común na provincia ou nas comarcas.

No marco desta argumentación, Mirás propón a constitución dun Consello Provincial de Alcaldes, con reunións trimestrais, así como consellos comarcais para a reunión periódica de cargos orgánicos e públicos do partido coa militancia, e abertos a simpatizantes.

Para traballar na mellora da ordenación dos concellos Mirás aposta de forma paralela pola formación ás agrupacións. O candidato orosán explicou aos asistentes da xuntanza de Pontedeume que desde a Secretaría Xeral pretende proporcionar ás agrupacións asesoramento en distintos eidos: de comunicación, xurídico, urbanístico, e tamén sobre o partido e sobre a actividade administrativa municipal.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s