Mirás fai un chamamento para “facer máis partido e estar máis ilusionados”

muros1-web

O precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG provincial da Coruña Manuel Mirás fixo hoxe un chamamento a “facer máis partido e estar máis ilusionados”. O tamén Alcalde de Oroso, que está a visitar as agrupacións da provincia explicando as súas propostas para a futura executiva coruñesa, defendeu en Muros a necesidade de traballar para “ter agrupacións fortes para que cando veñan as eleccións municipais, do Estado ou autonómicas o candidato ou a candidata que sexa conte en cada localidade cunha agrupación que o arroupe e traslade a súa mensaxe á cidadanía”. 

Neste sentido, Mirás manifestou a súa vontade de crear un gabinete de formación que dea asistencia a todas as agrupacións, en primeiro lugar na área de comunicación, coa función primordial de que en cada unha delas haxa “dúas ou tres persoas” con habilidades comunicativas para trasladar o programa socialista con proximidade á veciñanza.

En relación coa comunicación, Mirás aposta por facer un traballo provincial conxunto nas redes sociais, así como pola implantación dun gabinete de prensa que lles dea asistencia e que facilite a transmisión aos medios das iniciativas do PSdeG local en cada municipio.

O tamén Alcalde de Oroso incidiu en que as agrupacións locais deben contar con asesoramento xurídico, urbanístico, sobre o partido e sobre a administración municipal. Asemade, manifestou o seu convencemento de que é necesario manter un “ficheiro dos cadros de xente que ten o partido”, entre os seus militantes e simpatizantes, porque “hai xente experta ou con experiencia en diferentes áreas, como medicina, dereito, enxeñería, etc., que ao mellor non vén ás asembleas, pero que sen embargo colaboraría dando charlas sobre certos temas”.

Manuel Mirás enumerou as súas propostas para contribuír a que o partido na provincia fale “cunha soa voz” en asuntos de interese común, como un Consello Provincial de Alcaldes e asembleas comarcais cos voceiros municipais e cargos orgánicos e públicos do partido, abertas a simpatizantes.

O precandidato orosán estivo en Muros pola tarde, tras visitar Narón pola mañá, e antes de rematar a xornada coa militancia de Ribeira.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s