Mirás: “Non hai maneira de acabar coa corrupción contando só coa Xustiza”

xuntanza-naron-web

O precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG provincial da Coruña Manuel Mirás defendeu hoxe en Narón a necesidade de implantar un código de boas prácticas para adoptar “un código de boa conduta”, porque “non hai maneira de acabar coa corrupción contando só coa xustiza”.

Mirás fixo referencia a sentenzas recentes de absolución a alcaldes do PP, como a coñecida onte do alcalde da Baña, que ao seu ver demostran que a xustiza non funciona correctamente como garantía da actuación lexítima dos cargos públicos. Polo tanto, o tamén alcalde de Oroso defende a adopción dun código de boas prácticas que rexa a actuación do PSdeG, así como as medidas que se deben adoptar ante imputacións, en función das cuestións que as motivaran.

Mirás instou aos presentes a volcarse, de cara ás vindeiras eleccións municipais, nunha política de proximidade e comunicación coa veciñanza. Destacou que o PSdeG “é a única forza de esquerdas con implantación en todos os concellos que pode constituír unha alternativa”.

Neste sentido, manifestou a súa vontade de desenvolver un plan de formación en comunicación para que en todas as agrupacións locais haxa persoas con habilidades para transmitir a información, o ideario e o programa socialista aos veciños e veciñas. “Hai xente á que se lle dá moi ben falar en público e outra que non. E de todas maneiras para falar en público tamén hai que ter en conta unhas regras que son importantes”, argumentou.

A formación centrou unha importante parte da intervención de Mirás, non só na comunicación, senón tamén respecto aos eidos xurídico, urbanístico e sobre o propio partido. Neste aspecto, o Alcalde de Oroso opinou que o partido conta con “cadros de profesionais moi preparados e aos que ninguén chama”. Avogou por elaborar directorios de profesionais por áreas, que inclúa tanto a militantes como a simpatizantes”, susceptibles de ser chamados para colaborar en tarefas de asesoramento e formación.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s