Mirás: “O Secretario Xeral non precisa despacho; o despacho, nas agrupacións”

071114-Cambre

O precandidato ás primarias do PSdeG provincial da Coruña Manuel Mirás destacou onte en Cambre que “o Secretario Xeral non precisa despacho, o despacho nas agrupacións”. Mirás fixo fincapé na necesidade de que a futura dirección da executiva se dedique a visitar as agrupacións e a estar á súa disposición permanente. Asemade, comprometeuse a garantir que os cargos orgánicos e públicos do partido fagan o mesmo, así como os liberados do partido, quen deben “estar 24 horas a disposición das agrupacións”. 

Ante militantes de Cambre e Carral, Mirás explicou as súas propostas para a futura Secretaría Provincial, baseadas no diálogo e a cercanía. Diálogo e cercanía entre os membros do partido, precisou, e entre o partido e os veciños e veciñas.

Avanzou a súa intención de conformar unha executiva “de consenso”, de entre 29 e 31 persoas, pero “de consenso, non de chambonada”, matizou. “De arreglos de salón xa estamos todos cansos. Non quero nin despacho, porque o que hai que facer é coas agrupacións”, recalcou.

Instou a traballar de cara ás eleccións municipais para ter “agrupacións fortes, nucleadas en torno a un grupo municipal ben formado, con propostas que demande a cidadanía”.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s