Mirás comprométese a “aplicar e defender as liñas de traballo congresuais e a liña marcada por Pedro Sánchez”

Coruna-web-1

O precandidato á Secretaría Xeral Provincial do PSdeG na Coruña Manuel Mirás comprometeuse onte na Coruña a “aplicar e defender as liñas de traballo congresuais e a liña marcada por Pedro Sánchez”. “A estrutura provincial non ten que ser un contrapoder da estrutura galega, senón unha cadea de transmisión da mensaxe e acción da dirección galega e federal”, sentenciou. 

Tras destacar que o PSdeG é “o único partido de esquerdas con presenza na gran mayoría dos concellos da provincia”, o tamén Alcalde de Oroso recalcou que o obxectivo do partido é “ser útiles á mayoría social”. “Porque a política que está facendo o PP é recurtar dereitos aos máis débiles. Temos que ser capaces de progresar como socialistas na sociedade”, argumentou.

Manuel Mirás dixo querer estar á fronte da Agrupación Provincial para “volver a ser o que fomos, pero mellor”. “Temos que sacar o orgullo socialistas, temos que sentirnos orgullosos de ser socialistas”, instou. “Entre todos podemos conseguilo, con xenerosidade, con unión, restañando vellas feridas”, asegurou.

O candidato orosán espuxo o seu programa, baseado na proximidade entre cargos do partido e a militancia e entre a agrupacións locais coa cidadanía. Ademais de plans de fortalecemento das agrupacións locais, Mirás propón para estas un plan de formación nos eidos político, xurídico, urbanístico e de comunicación. Asemade, aposta por implantar un código de boas prácticas políticas e un Observatorio de Boas Prácticas Políticas integrado por “persoas formadas, alleas ás executivas do partido”.

Mirás explicou que supervisará que os liberados do partido estean “24 horas a disposición das agrupacións”. Por outra banda, avoga por crear un Consello de Alcaldes e asembleas comarcais abertas, así como unha Secretaría de Grandes Cidades.

“Eu o que prometo é traballo, e non cousas imposibles”, concluíu.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s