Mirás: “É fundamental ter un gabinete xurídico e un gabinete urbanístico nosos”

santiago3-web

O precandidado ás primarias da provincia Manuel Mirás destacou onte en Santiago a necesidade de contar con asesoramento propio do partido para cuestións xurídicas e urbanísticas: “É fundamental ter un gabinete xurídico e un gabinete urbanístico nosos”, dixo, “así como é fundamental ter unha idea conxunta de ordenación do territorio”.

Na exposición do seu programa para a provincia ante a militancia da comarca, Mirás avogou por facer un plan de formación para todas as agrupacións nestas materias, e tamén de carácter político: sobre o propio partido e sobre o funcionamento da administración local.

O tamén Alcalde de Oroso púxose como obxectivo facer “unha análise da problemática de cada agrupación” para abordar un traballo de fortalecemento de cada unha delas e, mesmo nalgún caso, creala: “Hai concellos, como é o de Laxe, no que temos alcalde e non temos agrupación; hai que traballar”, recalcou.

Neste sentido manifestou a necesidade de contar en cada agrupación cun censo de simpatizantes, para incrementar a presenza do partido en cada localidade e achegar renovación. “Hai que apostar polo municipalismo e facelo de abaixo a arriba”, destacou, “dando máis protagonismo ás comarcas”. Por iso quere constituír un Consello Provincial de Alcaldes, para adoptar posturas comúns nos asuntos que proceda, así como asembleas comarcais, para o diálogo e intercambio de obxectivos entre cargos públicos, cargos orgánicos, militancia e tamén simpatizantes.

“Este partido hai que reconstruílo, e hai que facer del unha auténtica alternativa de esquerdas na provincia”, defendeu. “Temos que ilusionarnos. Temos unha militancia marabillosa, temos implantación en toda a provincia, e temos que volver a ser o que fomos, pero mellor”.

Por último, Mirás chamou a traballar para as eleccións municipais “coñecendo e transmitindo ben o que fixo o Partido Socialista”, así como “o que o PP podou nos últimos anos, con podas non necesarias, senón ideolóxicas”.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s