Mirás: “Eu non lle podo fallar á militancia facendo outro compadreo máis”

oleiros-web

O precandidato á Secretaría Provincial do PSdeG na Coruña Manuel Mirás visitou onte varias localidades da costa coruñesa para explicar á militancia o seu programa para a provincia. En resposta a preguntas sobre o posible diálogo con outros precandidatos, foi taxante: “Eu con quen quero falar é cos militantes. Eu non quero ir a un hotel a cociñar un cocido. Eu non lle podo fallar á militancia facendo outro compadreo máis”. 

Mirás manifestou a súa intención de formar unha executiva provincial “falando todo o posible coa militancia” para “recoller todas as sensibilidades”. “Si quero escoller unhas cinco persoas aproximadamente para facer unha permanente, persoas que vaian facer o traballo que eu lles vou a esixir que fagan”, puntualizou.

No suposto de non gañar o proceso, Mirás descartou entrar na executiva. “Non vou estar en ningunha executiva nin vou impoñer a ninguén, porque senón estamos cos compadreos de sempre. Non vai perder ninguén, porque o que gaña é o partido”, aclarou.

O tamén Alcalde de Oroso, quen dixo estar gozando moito con este proceso de primarias, incidiu en que “como lle demos voz á militancia, quen ten que falar é a militancia”. “Eu se non gaño póñome a disposición do Secretario Provincial, pero fóra da executiva, para facer o que faga falta”, adiantou. De feito, Mirás púxose a disposición de todas as agrupacións visitadas, tanto no suposto de chegar a ser Secretario Provincial, como de non ser así, para botar unha man como compañeiro do partido.

 

O candidato orosán estivo onte pola mañá coa militancia de Ortegal, en Mañón, e posteriormente visitou as agrupacións locais de Cariño e Cedeira. Pola tarde tivo dous encontros máis, coa militancia de Miño e Oleiros. Esta mañá estará en Arzúa, coa militancia do interior coruñés.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s