Mirás: “Non se pode permitir que haxa agrupacións de primeira e agrupacións de segunda”

mugardos-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña Manuel Mirás censurou hoxe en Mugardos o tratamento diferenciado ás agrupacións en función da súa dimensión ou localidade de pertenza. “Non pode permitirse que haxa agrupacións de primeira e agrupacións de segunda”, sentenciou. 

O candidato orosán destacou que a militancia “é o maior tesouro” e “polo tanto os cargos do partido teñen que facer un traballo activo coa militancia de cada localidade e con cada agrupación”. Fixo fincapé en que o obxectivo do partido é “trasladar as ideas á sociedade”, e polo tanto resulta “imprescindible” o “asesoramento ás agrupacións e aos grupos municipais”.

Este traballo, explicou, ten que conducir a “amosar cercanía entre os socialistas e a sociedade e volver a ter credibilidade”. Para contribuír a conseguir este obxectivo, considerou “imprescindible” o “intercambio de experiencias entre agrupacións”, o que fará posible a xeración de “grupos municipais fortes e proxectos serios de cara á cidadanía”.

Ante unha audiencia moi activa no turno de preguntas, Mirás enumerou as súas ideas para mellorar a situación do partido na provincia, entre as que destacan o reforzo das comarcas, con asembleas abertas con cargos, militantes e simpatizantes; a constitución dun Consello Provincial de Alcaldes; o establecemento dun plan formativo para as agrupacións nos eidos político, xurídico e urbanístico; e un plan de modernización, para usar as ferramentas de comunicación tecnolóxicas e a profesionalización do traballo cos medios de comunicación.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s