Mirás aposta pola elección de deputados provinciais mediante asembleas de concelleiros por partido xudicial e con voto secreto

ortigueira-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña Manuel Mirás manifestou hoxe en Ortigueira a súa intención de modificar o procedemento para a elección de deputados provinciais: “Elixiranse en asemblea de concelleiros de cada partido xudicial, mediante votación secreta. Levantarase acta a será a que se eleva á Xunta Electoral de Zona”, explicou. 

Manuel Mirás estivo esta mañá en Ortigueira con militancia desta localidade e máis de Cerdido explicando as súas propostas para a mellora do partido na provincia. Preguntado ao respecto da elección de deputados provinciais sen ser tida en conta a opinión de todas as agrupacións, Mirás opinou que debido ao actual sistema de elección “soe haber conflito”. “Comprométome a facer unha nova normativa e a poñela en práctica desde a Agrupación Provincial”, dixo.

O candidato orosán expresou ademais o seu desexo de que os comités provinciais “sexan máis abertos”, de tal forma que asistan os delegados e delegadas e tamén “todos os cargos públicos”. “E deben ser de mañá e tarde”, precisou, “primeiro abordando o informe de xestión do Secretario Provincial e posteriormente que se fale por comarcas dos problemas que hai, para que logo cando saiamos fóra falemos todos cunha única voz, cun mesmo criterio”, argumentou.

Ao respecto das queixas dos asistentes de ter presenciado discursos que con posterioridade non se levan a cabo, Mirás destacou ser “a única opción que non leva mochila”. Recalcou que o outro candidato “leva a mochila da actual estrutura provincial”, polo que “vai cambiar a cabeza pero non o resto”. “Eu non levo esa carga e por iso vos pido o voso apoio”, enfatizou.

O Alcalde de Oroso proseguirá a súa campaña mañá, domingo 23, cun acto en Santiso ás oito da tarde, dirixido á militancia do interior coruñés.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s