Mirás: “Se eu non gano, estarei ao lado do Secretario Provincial para traballar no que faga falta”

Santiso-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña Manuel Mirás manifestou onte en Santiso unha vez máis a necesidade de “sumar para facer partido” desde “o respecto” entre compañeiros. Ante militantes da comarca do interior coruñés, defendeu a “imprescindible” necesidade de traballar desde a unidade no partido para conseguir o seu fortalecemento na provincia. Nesta liña de argumentación asegurou: “Se eu non gano, estarei ao lado do Secretario Provincial para traballar no que faga falta”. 

Asemade, como vén sendo habitual nas súas xuntanzas coa militancia, Mirás púxose a disposición dos asistentes para “botar unha man no que faga falta” nas súas localidades “como compañeiro”, dado que “en Oroso ten éxito un modelo de facer política que se pode exportar”.

O candidato orosán fixo estas reflexións na explicación da súa aposta pola implantación dun código de boas prácticas políticas na provincia. “Este código hai que desenvolvelo en varias direccións”, precisou. Por un lado, explicou, apuntando condutas que se deben evitar por parte de cargos orgánicos ou públicos do partido. Por outro lado, en relación ao propio diálogo interno da a formación política: “Un cargo do partido ou militante non ten que estar criticando a outro membro do partido nas redes sociais”, censurou. “As discusións, dentro das agrupacións ou nos comités; fóra, todos somos socialistas, cunha única voz”, recalcou.

Unha das cuestións que centrou o coloquio desta xuntanza coa militancia do interior coruñés foi o apoio provincial ás pequenas agrupacións. Neste sentido Mirás foi taxante: “Non pode ser que nunha localidade se monte unha candidatura e que non se lle volva chamar ata as seguintes eleccións”. Por iso manifestou o seu compromiso de constituír un Consello Provincial de Alcaldes e Portavoces, así como asembleas comarcais coa presenza dos cargos orgánicos e públicos da zona e a militancia, e abertas a simpatizantes.

Mirás pediu aos asistentes a súa confianza na votación do vindeiro domingo 30, para poder demostrar que o seu programa si vai ser unha realidade.

Manuel Mirás prosigue hoxe o seu programa de encontros de campaña en Porto do Son, onde manterá unha xuntanza coa militancia ás oito da tarde.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s