Mirás propón un “banco de experiencias” de agrupacións locais para compartir boas prácticas entre localidades

porto-do-son-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña Manuel Mirás manifestou onte en Porto do Son a súa intención de promover un “banco de experiencias” de agrupacións locais para dalas a coñecer ao resto das localidades da provincia, de tal maneira que poidan ser postas en práctica por outras agrupacións. 

O responsable socialista orosán destacou que “hai que coñecer as boas prácticas que se están facendo e que se teñen feito” por parte das distintas agrupacións para tratar de reproducir eses casos de éxito en outras localidades. Mirás destacou que este traballo non se fai “con política de salón”, senón “pateando as agrupacións”, mantendo “contacto directo coa militancia”.

“O despacho do Secretario Provincial ten que estar nas agrupacións de toda a provincia. Hai recursos humanos suficientes para poder facer achegas ao partido”, opinou. Ao seu xuízo, o fortalecemento das agrupacións pasa pola mellora da comunicación do partido, entre cargos e militancia en primeiro lugar, e posteriormente entre a militancia e a veciñanza.

De feito, chamou a unha “maior implicación dos cargos públicos coa militancia”, xa que “hai cantidade de sitios onde os concelleiros non se reúnen coas agrupacións para dar conta do que se fai no Concello”, puxo como exemplo. “Isto eu non o vou permitir”, adiantou. Argumentou que os cargos públicos teñen reunirse periodicamente cos militantes “para recoller as súas preocupacións e levalas á Deputación, Á Xunta e a onde faga falta”.

Para abordar estes cambios, Manuel Mirás dixo querer conformar unha executiva “libre de ataduras”. “Non curta”, avanzou, “para recoller todas as sensibilidades e ver as persoas máis idóneas para prestar servizo nas comarcas”. Non obstante precisou que contará tamén “cunha permanente de aproximadamente cinco persoas que teñan moito tempo para traballar”.

Mirás prosigue esta tarde os seus actos de campaña en Dumbría, onde se encontrará coa militancia ás oito menos cuarto da tarde.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s