Mirás creará unha secretaría de medianas e pequenas localidades para atendelas de forma específica

Dumbria-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña Manuel Mirás anunciou onte en Dumbría a súa intención de crear unha Secretaría de Medianas e Pequenas Localidades para poder atender ás súas agrupacións locais de forma específica.

Na reunión mantida para expoñer o seu programa provincial, Mirás manifestou a súa vontade de “distinguir entre agrupacións de grandes, medianas e pequenas localidades”, dado que “teñen problemáticas totalmente diferentes”. “Onde hai que traballar máis é nas pequenas, porque aí é onde está un núcleo de votos determinante”, destacou. 

O tamén Alcalde de Oroso argumentou que “na época en que o PSOE tiña na provincia 39 alcaldías, con Santiago, Coruña e Ferrol, houbo un desprezo do partido cara ás alcaldías pequenas”. “Ese erro fíxonos perder moito voto”, criticou.

Mirás reiterou que a base da forza do partido está en conseguir “agrupacións fortes, nucleadas en torno a grupos municipais fortes” en todas as localidades. Puntualizou que todas as agrupacións locais deben contar coa atención dos cargos orgánicos e públicos do partido, así coma do persoal liberado, sempre que o necesiten.

“As persoas que están agora na organización provincial non debían ter a provincia tan abandonada como está”, censurou. O candidato orosán avogou por “ter unha planificación e unha folla de ruta”. Asegurou que neste proceso de primarias está a descubrir “unha militancia marabillosa, pero abandonada”. Non obstante, considera que o PSdeG ten “recursos humanos suficientes para poñer o partido onde ten que estar”. De cara as eleccións municipais, chamou á traballar desde a unidade: “Non podemos despistarnos máis e debemos traballar unidos”.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s