Mirás obrigará aos cargos públicos a dar conta da súa xestión nos comités provinciais

Debate-Negreira-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña Manuel Mirás anunciou onte en Negreira a súa intención de “obrigar aos cargos públicos a dar conta da súa xestión nos comités provinciais”. Nun debate con Julio Sacristán organizado pola Agrupación Local de Negreira, Mirás avogou por “comités provinciais cada tres meses en xornada de mañá e tarde”, con tempo suficiente para que o Secretario Provincial, os deputados provinciais, parlamentarios autonómicos, deputados no Congreso, e senadores presenten un informe do traballo feito en cada período. 

O tamén Alcalde de Oroso destacou que, de chegar a ser Secretario Provincial, o seu despacho “ha de ser as agrupacións da provincia”. “É fundamental falar moito coa militancia e restañar vellas feridas”, opinou.

Por outra banda, fixo fincapé na necesidade de establecer un código de boas prácticas políticas para que os socialistas da provincia teñan “un comportamento moi definido e eficaz” entre compañeiros e compañeiras. “Ás veces utilizamos as redes sociais para discutir, e temos que utilizar os comités ou os locais das agrupacións locais para dicirnos o que nos teñamos que dicir”, puntualizou.

Manuel Mirás destacou a importancia de fortalecer as comarcas, con asembleas comarcais cos cargos do partido abertas a toda a militancia e simpatizantes, pois estes “son o viveiro de novos cargos”. Asemade, recalcou que ten que haber máis implicación dos cargos do partido tanto coa militancia como entre eles, “e desde logo coas agrupacións locais”, precisou. “Hai que potenciar as comarcas e tamén os coordinadores, porque hai coordinadores que fixeron deixación das súas funcións”, criticou.

O candidato orosán apuntou tamén a súa vontade de “avanzar no proceso de primarias abertas “tanto a simpatizantes como á cidadanía en xeral”, porque “é un paso importante para abrir o partido á sociedade”.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s