Mirás: “Creo que vou gañar porque significo o cambio neste partido”

Manuel-Miras-con-Kiko-Novoa-debate-con-Sacristan

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña Manuel Mirás participou esta mañá xunto a Julio Sacristán nun debate na Radio Galega, no espazo de Kiko Novoa Un día por diante. Á pregunta do xornalista sobre as súas expectativas de ganar as eleccións do domingo, Manuel Mirás foi contundente: “Si, creo que vou gañar porque creo que significo o cambio neste partido”. Non obstante, precisou que de non gañar “non pasa nada”, posto que quedará “ao lado” da nova executiva “para todo o que precise o Secretario Provincial”. 

O Alcalde de Oroso cualificou como principal problema actual do PSdeG na provincia o distanciamento da dirección coa militancia: “Desde que temos estrutura provincial o partido afastouse das agrupacións locais e da militancia, creo que isto é o fundamental, por iso unha das miñas premisas é reforzar as comarcas ao máximo, para que teñan un funcionamento máis achegado ás agrupacións, e que estas saian á rúa a explicar á cidadanía o que fixemos de marabilla e o que podemos facer”.

A pesar desta dificultade, manifestou o seu optimismo de cara ao futuro da formación política na provincia: “Temos que coller os mellores candidatos e lanzarlles a nosa mensaxe á cidadanía. Somos un partido que tivo moitísimo poder na provincia e podemos volver a selo, se facemos un traballo conxunto coas agrupacións locais explicando o noso programa”.

A xuízo de Mirás, o PSdeG “ten unha forza bastante importante na provincia”, con agrupacións en case todos os municipios e 19 alcaldías, así como “unha militancia marabillosa, pero nestes momentos está desmoralizada”. “Eu pretendo animar a esta militancia, estar con ela e falar moito”, explicou. “Hai que traballar para que sexa posible de cara ás próximas eleccións, tratando de conformar candidaturas competitivas e coa calidade humana e política que espera de nós a cidadanía”, puntualizou.

“Desorganización total”

Mirás cualificou a situación actual do partido na provincia de “desorganización total”. “Nos últimos dous anos traballouse moi pouco, houbo coordinadores comarcais que nunca visitaron uh agrupación e non fixeron unha soa reunión”, recalcou. Por outra parte, destacou a necesidade de asumir un proceso de modernización e de instaurar un código de boas prácticas políticas, para facer “un bo uso de internet e redes sociais para difundir a nosa xestión, non para criticar a compañeiros e compañeiras”.

Para recompoñer esta situación dixo querer conformar “unha executiva dunhas 31 persoas aproximadamente, que recolla todas as sensibilidades e todas as correntes”. Asemade, contará cunha permanente de cinco persoas “con dispoñibilidade” e “vocación de partido”, para o “inxente traballo” que hai que facer da man das agrupacións locais, percorrendo a provincia.

O candidato orosán criticou que nos últimos anos “os cargos públicos non estiveron dando conta da súa xestión”. Por iso el pretende desenvolver comités provinciais “de mañá e tarde”, onde a mañá estaría centrada no informe de xestión do Secretario Provincial e as intervencións dos delegados, e pola tarde os informes de xestión dos cargos públicos.

Mirás negou ser o candidato respaldado polo Secretario Xeral do PSdeG: “Eu son un candidato independente dentro do Partido Socialista. Estou facendo unha campaña como llanero solitario con catro persoas que me acompañan nos desprazamentos, visitando agrupación por agrupación, facendo esa política de proximidade que quero facer con todas as agrupacións. Non levo a ninguén na mochila, son libre”.

Se queres escoitar o debate da Radio Galega, podes facelo dende aquí.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s