Mirás: “Hai que recuperar os sinais de identidade do partido e así a cidadanía volverá a crer en nós”

Carral-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña Manuel Mirás lamentou onte en Carral que a perda da “esencia do socialismo”: “Perdemos os sinais de identidade, que hai que recuperar”. “Hai que facer unha revolución ideolóxica no partido para recuperar os sinais de identidade do Partido Socialista e así a cidadanía volverá a crer en nós”, opinou. 

Mirás recoñeceu que “hai que facer un traballo moi grande nas agrupacións, unha por unha”, para “recuperar” o partido na provincia, así como “presentar propostas plausibles, viables para a cidadanía”.

Destacou que “a agrupación local e o grupo municipal teñen que estar nucleados en torno a un mesmo proxecto”. O seu discurso centrouse principalmente no apoio que a Agrupación Provincial debe prestar ás pequenas agrupacións: formación política, xurídica e urbanística; “formación intensiva durante os primeiros meses para os novos concelleiros e concelleiras”; formación e asistencia técnica en comunicación por parte dun gabinete de prensa provincial; asesoramento nos eidos legal e de ordenación do territorio; e un plan de modernización para o uso correcto das ferramentas dixitais, son algunhas das medidas que Mirás explicou á militancia de Carral.

O candidato orosán falou tamén da limitación de mandatos: Mostrouse partidario de establecer un máximo de 8 anos para cargos orgánicos do partido, aínda que precisou que tras un período fóra do cargo poderían volver presentarse. Avogou tamén por unha limitación de 8 anos para deputados autonómicos e no Congreso, así como para as alcaldías das grandes cidades. Estableceu como excepción as alcaldías das medianas e pequenas localidades, porque nestas “non é fácil encontrar candidato ou candidata”.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s