Mirás establecerá comités provinciais de mañá e tarde con informes de xestión de todos os cargos públicos

Reunión na Agrupación Local de Boiro

Reunión na Agrupación Local de Boiro

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña do PSdeG, Manuel Mirás, opina que os comités provinciais “son inútiles tal e como se están facendo” e avoga por unha mesa “elixida democraticamente” e por “desdobralos”, para que se desenvolvan en sesións de mañá e tarde. A súa intención é que a mañá estea dedicada “ao informe de xestión do Secretario Provincial e á intervención das compañeiras e compañeiros” e, tras unha comida nun sitio económico “para facer camaradería”, apuntou, manter unha segunda sesión de tarde “na que todos cargos públicos dean conta tamén da súa xestión”. 

Mirás mantivo onte pola tarde unha intensa penúltima xornada de campaña, con encontros coa militancia de Rianxo, A Pobra e Boiro. En todos eles debullou os puntos principais do seu programa: traballar fundamentalmente coas medianas e pequenas agrupacións, facilitarlles asesoramento e formación, fomentar a modernización e profesionalización no campo tecnolóxico e de relación cos medios, establecer asembleas comarcais abertas periódicas, así como un Consello Provincial de Alcaldes e adoptar un Código de Boas Prácticas Políticas.

Xuntanza coa Agrupación de A Pobra

Xuntanza coa Agrupación de A Pobra

O Alcalde de Oroso fixo moito fincapé na necesidade de traballar en equipo, e concretamente na necesidade de que os cargos públicos e orgánicos do partido visiten as agrupacións e estean ao seu lado para axudalas e trasladar as súas demandas. “Ser un cargo público non é empezar a vivir ben, é empezar a reducir calidade de vida”, recalcou.

Respecto ás incompatibilidades, aclarou que “hai que acatar a normativa que ten o partido”. “Non debemos falar de incompatibilidades, senón facelas cumprir”, declarou. Non obstante, manifestou a súa disconformidade coa compatibilización dos cargos de alcalde e deputado provincial: “Non me parece lóxico que os alcaldes sexan deputados provinciais, porque o alcalde vai mirar polo seu concello porque non lle queda máis remedio. O deputado provincial ten que ser un concelleiro, que traballe por toda a comarca e que non teña as ataduras que ten un alcalde”, opinou.

Manuel Mirás finaliza hoxe os seus actos de campaña con tres novos encontros, nesta ocasión de carácter comarcal, que terán lugar en Ferrol (12:00 h.), Vimianzo (17:30 h.) e Santiago (20:30 h.)

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s