Mirás: “Eu quero un código de boas prácticas que inclúa como debemos tratarnos entre compañeiros”

Vimianzo-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña do PSdeG Manuel Mirás avogou esta tarde en Vimianzo por un Código de Boas Prácticas “aprobado por todos”. “Eu quero facer un Código que inclúa como debemos tratarnos entre compañeiros e nos comités ou nas asembleas comarcais, que estableza ata onde podemos chegar, porque as cousas pódense dicir sen insultarnos”, censurou.

Para o reforzo das agrupacións locais Manuel Mirás propón facilitarlles desde a Agrupación Provincial “asesoramento integral, político e xurídico”. Asemade, manifestou a necesidade de que os novos cargos electos reciban formación sobre a actividade de concelleiro. “Para facer ben esta labor fai falta un tempo de aprendizaxe e darlle á persoa un mínimo de preparación”, defendeu Mirás, quen puntualizou que isto é necesario con independencia dos estudos que posúa a persoa no cargo.

Mirás incidiu na necesidade de manter reunións periódicas entre os cargos públicos e orgánicos do partido, para ter unha voz única ao respecto de temas de índole provincial ou comarcal. Esta vía de traballo ha de conducir ademais a que os deputados no Parlamento de Galicia e no Congreso trasladen as propostas que as agrupacións locais demanden. Esta liña de traballo implantarase coas asembleas comarcais abertas, coas que o Alcalde de Oroso pretende reforzar a comarca e facela núcleo estable de traballo cooperativo entre agrupacións, impulsada e apoiada pola Agrupación Provincial.

Consultado ao respecto da problemática específica da Agrupación Local de Vimianzo, Mirás comprometeuse a analizala “ao día seguinte de ter montada a executiva”.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s