Mirás: “Ningún dos Secretarios Xerais que houbo ata o de agora na provincia ganou unhas eleccións”

Ferrol-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña do PSdeG Manuel Mirás, quen estivo esta mañá explicando o seu proxecto ante militancia da comarca de Ferrol, destacou que “ningún dos Secretarios Xerais que houbo ata o de agora na provincia ganou unhas eleccións”. “As persoas que estiveron ata agora nunca se presentaron a unhas eleccións locais, nin ganaron unhas eleccións. Son persoas que non coñecían as agrupacións pequenas, nin o traballo nin o diñeiro que teñen que gastar os seus militantes”, explicou.

Mirás destacou que a súa vontade na provincia e comezar a traballar canto antes na composición de candidaturas “coa calidade humana e política que a cidadanía espera do Partido Socialista” de cara ás próximas eleccións municipais.

No proceso “que por suposto levará máis de seis meses” de reforzamento das agrupacións locais e das comarcas, Mirás recalcou que a clave é traballar da man das agrupacións, sobre todo das medianas e pequenas, para axudalas no que faga falta. Formación política, xurídica e urbanística, mediante un gabinete de asesoramento provincial, a instauración dun código de boas prácticas políticas “feito entre todos”, e a implicación a fondo dos cargos públicos do partido son, ao seu xuízo, as premisas que centran o seu plan para conseguir este obxectivo.

O Alcalde de Oroso destacou tamén a necesidade de que a provincia se dote dun “ficheiro da militancia” onde consten os profesionais dos distintos ámbitos que poidan facilitar asesoramento por comarcas alí donde as agrupacións os precisen.

Manuel Mirás prosigue pola tarde a recta final da súa campaña con outro acto comarcal en Vimianzo ás cinco e media, para poñer o peche en Santiago a partir das 20:30 horas.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s