Mirás pecha a campaña: “O progreso e a solución deste partido son eu”

Santiago-peche-campaña-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña do PSdeG Manuel Mirás pechou a súa campaña cun acto comarcal en Santiago, no que fixo balance da súa experiencia neste proceso electoral. Dixo estar “moi contento” do traxecto percorrido, tanto no sentido figurado como literal, dados os quilómetros feitos no transcurso das numerosas visitas ás agrupacións locais por toda a provincia. 

Mirás recoñeceu sentirse “moi satisfeito” por finalizar “unha campaña limpa”, na que tivo ocasión de coñecer “a unha maravillosa militancia” coa que compartiu as súas ideas sobre a provincia e da que tivo ocasión de aprender, non só as súas vicisitudes particulares, senón tamén numerosas achegas para contribuír á súa proposta política provincial.

O candidato orosán manifestou o seu convencemento de ser a persoa que máis pode facer nestes momentos polo PSdeG provincial: “O progreso e a solución deste partido son eu”. “O outro candidato é pasado, porque leva a mochila cargada, e eu non quixen cargar a mochila. Eu quixen chegar ás doce da noite do día 30 coa mochila valeira”, recalcou.

Na súa breve intervención de peche de campaña, Mirás incidiu en que aposta por “unha executiva de integración, que una este partido”. Puntualizou, non obstante, que de non saír elixido non será “oposición”. “Se eu non saio elixido, o Secretario Provincial vaime ter ao seu lado para o que necesite; e se eu gano vou contar con Julio Sacristán para que traballe en moitas cousas”, afirmou.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s