Mirás: “Un alcalde ou un concelleiro non poden faltar a unha cita coma a do 25 de xullo en Rianxo”

Xuntanza-Rianxo-web

O candidato á Secretaría Provincial da Coruña do PSdeG, Manuel Mirás, lamentou onte en Rianxo a desafección coa formación política que se percibe por parte da cidadanía e por parte da súa propia militancia. Destacou que a dificultade de mobilización afecta a todos os estamentos do partido, e puxo como exemplo a escasa convocatoria do encontro socialista que se celebra cada 25 de xullo en Rianxo en conmemoración do socialismo galeguista. Ao seu ver, “un alcalde ou un concelleiro non poden faltar a unha cita como a de Rianxo o 25 de xullo”. 

Non obstante, Mirás manifestou a súa vontade de “traballar e pelear” para lograr incrementar a motivación da militancia, na actualidade “moi desmoralizada”, valorou. Neste sentido, considerou “imprescindible” a potenciación das comarcas, traballo para o que aposta pola constitución de asembleas comarcais para o encontro de cargos orgánicos e públicos do partido coa militancia, e tamén abertas a simpatizantes.

Tras explicar o seu proxecto no terreo de formación, asesoramento político, xurídico e urbanístico, así como de modernización para potenciar a comunicación e fomentar o bo uso das redes sociais, o Alcalde de Oroso expuxo o seu calendario: “A primeira premisa é facer candidaturas na maior parte dos sitios e coas mellores persoas posibles”, explicou.

En segundo lugar, proseguiu, abordarase a formación aos novos concelleiros e concelleiras. En terceiro lugar, dixo, virá a fase de “consolidación das agrupacións con plans específicos”. Mirás recoñeceu que o seu programa “non se vai plasmar en seis meses, é un proxecto a medio prazo”.

Rianxo-manifestacion-arteoxeito

Manuel Mirás encontrouse cos compañeiros e compañeiras de Rianxo na manifestación convocada para onte á tarde para reivindicar a arte pesqueira do xeito. Tras a xuntanza de Rianxo desprazouse á Pobra e posteriormente a Boiro, para manter outros dous encontros de campaña.

Esta entrada fue publicada en Primarias provincia da Coruña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s