Moitas grazas polo voso apoio

Imprimir

En todos os traballos que abordei ao longo da miña vida aprendín algo. O traballo desenvolvido durante este proceso de primarias provinciais non foi unha excepción. Comprobei como é a situación do partido na provincia, souben dos esforzos de tantas e tantos compañeiros que se deixan a pel en agrupacións pequenas, coñecín problemas de concellos dos que non sabía, descubrín persoas con perfís persoais e políticos para admirar, falei con xente veterana con moitísimos anos de experiencia que segue ao pé do cañón da súa agrupación local, compartín mesa con compañeiros que me axudaron a seguir ilusionándome co proxecto socialista…

Foron moitos días, dos que me levo unha imaxe bastante clara sobre as dificultades de vertebración do PSdeG na provincia. E dos que me levo o inmenso cariño demostrado por moitísimos compañeiros e compañeiras, que depositastes en min a vosa confianza, porque compartimos a crenza de que un mellor partido é posible, traballando desde a sinceridade, a honradez e a lealdade. Por suposto, quedo á vosa disposición para axudarvos como compañeiro en todo o que sexa posible. Grazas de todo corazón por estar ao meu lado neste percorrido, con tanta ilusión e dándome tanta forza. Eu sigo crendo que outra forma de facer partido é posible, e todas e todos vós sodes proba do que digo. Unha forte aperta.

Manolo Mirás

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s