Encontro cos veciños de Calvente

301114-Encontro-co-Alcalde-Calvente

O alcalde de Oroso reuniuse onte pola mañá cos veciños e veciñas de Calvente, que trasladaron a Manuel Mirás diversas demandas da parroquia, entre elas a recuperación da fonte e do lavadoiro próximos á igrexa, e a preocupación polo exceso de velocidade dos vehículos na estrada principal. 

Non obstante, os asistentes á xuntanza centraron a súa atención na necesidade de incrementar a zona de aparcadoiro xunto á igrexa, así como na posibilidade de abrir un camiño que permita que os coches dean a volta e saian de novo á estrada principal sen ter que facer un cambio de sentido na mesma vía. Esta actuación facilitaría moito a circulación no entorno da igrexa, fundamentalmente cando hai moita afluencia de xente debido a un enterro. Acompañado de varios veciños, Mirás comprobou o estado do camiño que lle propoñían abrir e asfaltar, así como a fonte e o lugar onde están os restos do antigo lavadoiro.

Por outra banda, Manuel Mirás informou á veciñanza de Calvente de que o ano que vén contarán con traída de auga, se ben instou aos cidadáns a enganchala, para non facer un investimento na parroquia en balde. Asemade, pediu aos veciños a súa colaboración para que durante a realización dos traballos agrícolas teñan en conta a necesidade de manter libres de terra as cunetas, xa que a súa limpeza ten un custe importante para o Concello, e conservalas limpas vai en beneficio fundamentalmente dos veciños da parroquia.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s