Información sobre descontos no transporte metropolitano para familias numerosas

O Concello de Oroso informa aos veciños de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Traballo e Benestar acordaron establecer un desconto de protección as familias numerosas para o uso do Transporte Metropolitano a partir do 1 de decembro do 2014. 

Poderá beneficiarse desta axuda calquera membro dunha familia numerosa maior de 5 anos que cumpra os requisitos para estar incluído dentro dun título de familia numerosa e solicite a súa alta na aplicación SOCIAL da Dirección Xeral de Familia e Inclusión (www.benestar.xunta.es).

As familias de categoría xeral beneficiaranse dunha bonificación nas viaxes dun 20% e as familias de categoría especial dun 50%. Esta bonificación é acumulable a calquera outra bonificación que lle poida corresponder pola pertenza a outro colectivo bonificable, cun límite do 100% da viaxe.

Serán perceptoras desta axuda as persoas titulares dun contrato individual da tarxeta metropolitana de Galicia. No caso do menores de idade o contrato será subscrito polas persoas proxenitoras, titoras ou gardadoras.

LUGAR DE INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Sociais de Atención Primaria do
Concello. (Rúa do Deporte, baixo, Sigüeiro, Oroso. Tfno.: 981 688 950)
HORARIO: Luns, martes, mércores e venres de 9:30 a 13:30
MÁIS INFORMACIÓN: na páxina web http://www.benestar.xunta.es ou no télf. 981 544 62.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso, Xunta de Galicia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s