O día 15 remata o prazo de entrega de orixinais do concurso de postais de nadal

postal-de-navidad

O luns día 15 de decembro finalizará o prazo de entrega de orixinais para participar no concurso de postais de nadal organizado polo Concello de Oroso.  As postais gañadoras estarán a disposición dos veciños e veciñas a través da web municipal. 

O tradicional concurso de postais de Nadal con Mensaxe está aberto a todos os veciños e veciñas de Oroso que desexen participar. O Concello de Oroso establece catro categorías: de 4 a 6 anos, de 7 a 9 anos, de 10 a 13 anos e maiores de 14 anos. O premio para o gañador de cada categoría será un lote de libros, así como a súa publicación na páxina web municipal, de xeito que poderán ser utilizadas polos veciños e veciñas para felicitar as festas.

Os participantes poden escoller tanto a técnica como os materiais ou o formato da postal, sempre que non exceda dun 21 x 15 centímetros. Aqueles que desexen participar terán que presentar as súas postais no centro cultural Fernando Casas e Novoa antes do 15 de decembro. Canda a postal, os concursantes presentarán un sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, idade e teléfono de contacto).

O xurado valorará non só a presentación, o esforzo e a orixinalidade da postal, senón tamén o contido da mensaxe e a calidade do galego empregado. A entrega de premios terá lugar xusto antes da recepción aos Reis Magos de Oriente do vindeiro 5 de xaneiro no centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro.

Se queres consultar as bases do concurso podes facelo aquí.

Pode ser que nesta ponte de decembro a túa familia teña tempo para pensar e crear… Animádevos a participar!

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s