Esta noite, teatro en Oroso coa obra “Eirugas”

Eirugas

Os maiores de 12 anos poderán seguir disfrutando hoxe pola noite da programación de Nadal organizada polo Concello de Oroso, porque ás 21:00 será representada no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa a obra Eirugas, da compañía Ateaco. 

Na obra, Flora e Adrián celebran as súas vodas de prata cunha cea no xardín da súa casa de campo, á que asiste un grupo de amigos. No transcurso da mesma, os convidados amosarán as súas personalidades ocultas a través do xogo de roles que propón o anfitrión e que cuestionará a sinceridade das súas relacións.

Mañá, sábado 20, proseguen as actividades de Nadal cunha nova sesión de contacontos Contos de Nadal, dirixida a nenos e nenas de a partir de 3 anos. Terá lugar tamén no Centro Cultural, e para asistir precísase inscrición previa, que se pode formalizar na Biblioteca Municipal.

Para coñecer máis polo miúdo a axenda de Nadal do Concello de Oroso podes pinchar aquí.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso, Sin categoría y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s