Prosigue a programación de Nadal municipal esta tarde co Club de Lectura

181214 sesion aberta Teatro

A programación de Nadal do Concello de Oroso prosigue ao longo de toda esta xornada de vernes. Durante a mañá, a Gardería Municipal A Ulloa e a Escola Infantil Trastes Oroso recibirán a visita dos Paxes Reais e do Carteiro Real. Pola tarde, nova sesión da campaña de animación á lectura no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa: Club de Lectura, a partir das 18:00 horas. Para participar requírese inscrición previa na Biblioteca Municipal.

Onte rapaces e maiores gozaron coa sesión aberta do Obradoiro de Teatro. A imaxe recolle un dos momentos desta experiencia aberta a todos os públicos, nas que os nenos e nenas do grupo teatral amosaron aos asistentes, preto de corenta persoas, as distintas partes dunha clase de teatro.

Pequenos e adultos que asistiron sumáronse aos distintos xogos propostos pola profesora Andrea: o espello, o lazarillo, o grande aplauso, camiñemos como… Pasárono en grande! E para rematar, os actores e actrices amosaron unhas pinceladas das personaxes nas que están a traballar para a obra deste curso. Fixeron rir moito ao público, ao que deixaron co mel nos beizos por saber máis e, por suposto, recibiron un grande aplauso.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s