O local social da parroquia de Oroso será ampliado en 2015

211214 Encontro Oroso1

Unha vintena de veciños e veciñas de Oroso trasladaron esta mañá a Manuel Mirás as súas demandas, no transcurso do Encontro co Alcalde celebrado no local social desta parroquia. O Alcalde informounos de que os orzamentos do Concello para 2015 inclúen a mellora e ampliación do seu local social, de tal forma que poida dar cabida a toda a veciñanza desta parroquia, a máis grande do municipio. 

Tras destacar que a parroquia de Oroso está “moi ben representada” polas súas asociacións veciñais, o Alcalde pediu aos veciños que igualmente lle trasladasen de forma persoal as “pequenas cousas” que consideraban necesarias, dado que a achega de todos permite atender mellor a cada zona.

Así pois, os asistentes expuxeron a Manuel Mirás a necesidade de instalar novos puntos de luz. Asemade, solicitaron habilitar unha área de aparcadoiro e traída de auga xunto á igrexa.

A veciñanza de Oroso presente considerou tamén necesario achegar traída de auga ao campo da festa, así como rede de sumidoiros na zona do local social. Por outra banda, os veciños e veciñas recordaron a necesidade de podar os carballos en Rias, e solicitaron que se pinten algunhas pistas da parroquia.

Esta entrada fue publicada en Encontros co Alcalde y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s