Oroso vive hoxe o Nadal cun espectáculo do mago Martín Camiña

martincamina

A programación de Nadal do Concello de Oroso reservou para hoxe, véspera da Noiteboa, un fermoso espectáculo de maxia a cargo do mago Martín Camiña. Este ilusionista coruñés ten unha longa traxectoria de espectáculos cos que percorreu toda Galicia e que o levaron a actuar en certames estatais e do estranxeiro. Xapón, Estados Unidos, Holanda e Alemaña son algúns dos países nos que ten actuado. 

Esta tarde, ás 18:00 horas, o Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa acollerá o espectáculo Intres de Ilusionismo, que Martín Camiña describe como “unha creación con humor, participación do público e elementos moi distintos ao habitual”, que contará coa participación da tamén ilusionista Fani Triana.

O ilusionista adiántanos que neste espectáculo utilizará “cadeiras, cordas que cobran vida e enerxías doutras esferas”, que se van experimentar dentro dunha “cabina de espiritismo”.

O popular mago asegura que se trata dun espectáculo dunha hora e cuarto de duración que os nenos de “a partir de 5 e 6 anos xa gozan enormemente”, así como por suposto os maiores, e que con toda seguridade vai sorprender aos veciños e veciñas de Oroso.

Cómpre destacar que coas súas producións Martín Camiña ten no seu currículo o Premio Nacional de Maxia de San Sebastián, o Premio Congreso Almussafes de Valencia e o Premio da Asociación Portuguesa de Ilusionismo.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s