Oroso comeza a prepararse para o Antroido cun obradoiro e un concurso de máscaras

CARTEL OBRADOIRO DE MÁSCARAS

Aínda está moi recente o éxito do programa de Nadal do Concello de Oroso, que culminou cunha enorme acollida aos Reis Magos e á súa Cabalgata Real o pasado luns. Sen embargo, xa está a maquinaria preparada para a celebración do Antroido. 

Os veciños e veciñas de Oroso están convidados a participar no Obradoiro de Máscaras, que contará con edición para nenos e nenas e con edición para adultos. O prezo é de 15 euros para os pequenos e de 20 para os adultos, con material incluído. Adiantámosvos que o Concello convocará un concurso de máscaras, para o que seguramente os alumnos e alumnas deste obradoiro serán importantes aspirantes.

O obradoiro para nenos e nenas (a partir de 6 anos de idade), terá lugar os días 4 e 5 de febreiro, de catro e media a seis e media da tarde. O de adultos contará con máis xornadas, pois desenvolverase os días 20, 23, 27 e 30 de xaneiro, e máis os días 3 e 6 de febreiro. En ambos casos esta actividade será impartida no Centro Cultural.

Se te animas a preparar unha máscara orixinal e artesanal para celebrar as vindeiras festas do ano, acude ao Centro Cultural para formalizar a túa inscrición.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Oroso comeza a prepararse para o Antroido cun obradoiro e un concurso de máscaras

  1. Pingback: O Concello de Oroso dinamiza o tempo de antroido cun concurso de máscaras | manolo mirás

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s