O Concello de Oroso dinamiza o tempo de Antroido cun concurso de máscaras

Concurso de máscaras xaneiro 2015

O Concello de Oroso vén de aprobar as bases que rexen o Concurso de Máscaras de Antroido, co que a institución local quere contribuír a dinamizar estas festas no noso municipio, a través do fomento da participación e da creatividade. 

Esta convocatoria está dirixida a nenos e nenas a partir de 7 anos. Haberá dúas categorías: unha infantil, para idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos, e outra para rapaces e adultos, a partir dos 13 anos. Valoraranse os acabados, a estética, a creatividade e o bo gusto.

Aceptarase como máximo unha máscara por participante, agás na categoría infantil, na que se aceptarán dúas máscaras por participante, non podendo resultar premiado o mesmo participante como gañador e finalista.

Se queres participar neste concurso probablemente che interesará saber que tes á túa disposición un Obradoiro de Máscaras tamén organizado polo Concello de Oroso. Este obradoiro desenvolverase en varias sesións, tamén diferenciadas para nenos e nenas e adultos. Podes consultar máis información sobre esta actividade aquí.

Premios

O Concurso de Máscaras contará con dous premios para cada unha das categorías. Na categoría infantil o primeiro premio será un vale regalo de Equipa-t por valor de 70 euros. O finalista obterá outro vale regalo por valor de 35 euros. Na categoría de adultos, a persoa gañadora obterá unha tablet, mentres que a finalista recibirá unha cea para dúas persoas nun restaurante do noso municipio.

O prazo para a entrega de traballos finalizará o día 11 de febreiro. Tes toda a información sobre este certame no Centro Cultural. Tamén podes consultar as bases facendo clic aquí.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s