Mirás anuncia aos veciños de Vilarromariz que se desenvolverá un plan de arranxo das pistas entre aldeas

2015-01-25-vilarromariz-para-web

Máis de 40 veciños e veciñas de Vilarromariz asistiron este mediodía ao Encontro co Acalde, Manuel Mirás. Esta reunión forma parte da programación de xuntanzas que o rexedor de Oroso está a desenvolver polas parroquias, coa finalidade de coñecer de primeira man as demandas da cidadanía. En relación coa petición de arranxo dalgunha pista da zona, Mirás explicou aos asistentes que no presente ano 2015 o Concello desenvolverá un plan de arranxo das pistas que unen as aldeas do municipio. 

O Alcalde concretou que no Concello de Oroso hai “máis de 600 quilómetros entre pistas e camiños”, polo que o seu arranxo e mantemento supón un custe moi elevado para a institución local.

O Concelleiro de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá, José María Castro, tamén presente no encontro, explicou aos veciños que o retellado da igrexa xa foi efectuado, e que tamén se fixeron os trámites necesarios para cambiar o cruceiro de sitio, de tal forma que o palco da festa no teña que ser colocado de costas á igrexa. O proceso de cambio de emprazamento do cruceiro leva meses debido a que debe ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.

Castro explicou asemade que xa foi realizado o acondicionamento de varias farolas que estaban en mal estado, e que nunha semana os veciños e veciñas de Vilarromariz poderán estrear o equipamento de actividades biosaudables xa instalado na zona de confluencia das dúas rutas de sendeirismo que pasan pola parroquia.

Por outra banda, en resposta a unha veciña, Mirás explicou que para o Concello resulta moi difícil levar a rede de sumidoiros a todos os puntos da xeografía de Oroso. “Hai que facelo, pero ten que vir da Xunta e da Unión Europea”, puntualizou.

Mirás recordou aos veciños e veciñas congregados que os cidadáns que teñen traída de auga pagan un canon que vai para a Xunta, segundo a normativa europea, que é o que motiva o elevado da factura e que, en teoría, deberá repercutir no futuro na instalación de nova rede de saneamento. “Con fondos municipais levar sumidoiros ás parroquias é moi difícil, eu non vos vou enganar”, destacou.

Peticións dos asistentes

Os veciños e veciñas asistentes ao encontro solicitaron ao Alcalde a instalación dunha farola nunha pista de baixada que linda coa finca da igrexa. Mirás foi preguntado tamén pola posibilidade de instalar un espello na saída de Gadamil, con escasa visibilidade para os condutores. Por outra banda, o rexedor local foi avisado da existencia dun sinal de stop tirado.

O local social da parroquia foi tamén obxecto de peticións da veciñanza. Os asistentes suxeriron a posibilidade de dotar dun tellado a zona exterior que se utiliza para cociñar, na actualidade cuberta con plásticos. Por último, expuxeron a necesidade de tomar medidas para evitar a entrada de auga no inmoble, afectado polas chuvias por mor dos desniveis de terreo.

Manuel Mirás tomou nota de todas as cuestións comentadas, coa intención de estudar a maneira de solucionalas. Polo que respecta á farola, xa adiantou que o Concello ten programado un plan de instalación de farolas, polo que a petición manifestada ao respecto será incluída neste proxecto. Tamén dixo que será efectuada unha supervisión das pistas para revisar o estado das sinalizacións.

Línea Verde

En relación co sinal de stop tirado, o Alcalde recordou aos asistentes que o Concello traballa cunha aplicación informática a disposición dos cidadáns tanto no móbil coma no ordenador, que serve para notificar este tipo de incidencias. Línea Verde permite á persoa usuaria tomar unha foto da incidencia observada e remitirlla automaticamente ao Concello, que ten como obxectivo dar resposta a este tipo de cuestións nun prazo máximo de dous días. Para ter máis información sobre o servizo de Línea Verde podes pinchar aquí.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s