Música e lectura na axenda cultural desta fin de semana

Musica-y-libros

O Concello de Oroso ofrece a partir desta tarde actividades de lectura e música para amenizar a fin de semana aos veciños e veciñas de todas as idades. 

Esta tarde, ás 18:00 horas, desenvolverase no Centro Cultural o obradoiro A rebotica dos contos, actividade de animación á lectura dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Os rapaces farán creación literaria e artística, e protagonizarán unha particular viaxe en tren arredor do mundo. Para participar é precisa inscrición previa na Biblioteca Municipal (981 690 903).

Ás 20:00 horas o Centro Cultural acollerá o primeiro concerto dos profesores da Escola de Música. Será a primeira vez que os docentes da Aula de Música de Oroso protagonicen un concerto destas características, xa que ata o de agora tan só tiñan actuado a carón dos seus alumnos ou no marco doutras iniciativas culturais. No concerto tocaranse pezas de jazz clásico, moderno e latino. A asistencia é totalmente libre e de balde.

Mañá, sábado 31, haberá unha nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal. Esta actividade, baixo o título Unha volta ao mundo dos contos, precisa inscrición previa, e está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 9 anos.

E pola tarde, as persoas maiores do municipio están convocadas ao Baile para Maiores, que se desenvolverá no Centro Cultural de 19:30 a 22:30, nesta ocasión a cargo do grupo Satélite.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s