Quedan menos de 15 días para o concurso de disfraces do Concello de Oroso

Concurso disfraces entroido 2015

O vindeiro día 14 de febreiro terá lugar o tradicional Concurso de Disfraces do Concello de Oroso, que este ano repartirá entre os premiados nas distintas categorías un total de 3.170 euros. Xa pensaches no teu disfrace?

Haberá categoría infantil (ata 16 anos) e categoría de adultos, e en cada unha delas poderase participar na modalidade individual, de grupo ou comparsa. As comparsas estarán formadas polo menos por seis persoas.

Para inscribirse será requisito imprescindible participar no desfile de Entroido que terá lugar polas rúas do concello a partir das 18:00 horas (salvo que a climatoloxía o impida) e que finalizará no Pavillón de Deportes, onde posteriormente se desenvolverá o concurso.

Se tes interese en participar, podes inscribirte xa no Centro Cultural, ou a través do número 981 690 903. Tamén o poderás facer o mesmo día do concurso, no Pavillón Municipal, entre as 16:30 e as 17:30 horas.

O programa de Entroido do Concello de Oroso ten numerosas actividades, abertas á participación de xente de todas as idades. Tes toda a información aquí.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s