Aínda estás a tempo de participar no V Concurso de Fotografía “Muller Traballadora”

Concurso fotografia 2015

Con motivo do Día Internacional da Muller, que cada 8 de marzo conmemora a súa loita pola participación en igualdade na sociedade e polo seu desenvolvemento íntegro como persoa, o Concello de Oroso convoca a quinta edición do Concurso de Fotografía Muller Traballadora. Centrado no ámbito do traballo, este certame pretende que a través das imaxes se reflicta o traballo das mulleres en calquera eido. 

O prazo de entrega de traballos finaliza o venres, 27 de febreiro. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras. As fotografías deberán ser presentadas en formato de 20 por 30 centímetros, en cor ou en branco e negro. Non obstante, convén destacar que non serán admitidas imaxes tratadas con programas de retoque fotográfico.

Haberá tres premios, de 250 euros, 150 euros e 100 euros. O fallo do xurado darase a coñecer o venres 6 de marzo de 2015 no marco dos actos conmemorativos do día Internacional da Muller. Tes toda a información sobre as bases deste concurso na páxina web do Concello de Oroso.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s