Gran xornada ciclista hoxe no Concello de Oroso

Ciclismo-I Gran Premio Concello de Oroso

Esta tarde terá lugar o I Gran Premio Concello de Oroso de ciclismo, unha competición federada que terá lugar de 16:00 a 18:00 horas. Dirixido unicamente a ciclistas federados máster (30, 40 e 50/60), esta carreira de ciclismo en ruta terá un percorrido de 64 quilómetros con saída e chegada na rúa da Cultura de Sigüeiro. Está organizada polo Concello de Oroso e o club ciclista Tambre Bike.

As inscricións faranse hoxe mesmo, a partir das 15:00 horas, no Centro Cultural de Oroso. No momento da anotación pedirase a licenza Máster e se entregará o dorsal. As licencias federativas devolveranse aos participantes no momento que estes devolvan o dorsal á organización.

O percorrido da proba transcorre integramente polo Concello de Oroso. Trátase de dar 12 voltas a un circuíto de algo máis de 5 kms sobre asfalto, con saída e chegada na rúa da Cultura (Sigüeiro). Os ciclistas pasarán tamén pola avenida da Grabanxa, Penateixa, A Gándara, Oroso de Abaixo, Oroso Pequeno, O Franco, avenida Álvaro Cunqueiro e Rúa Camiño Inglés. Neste enlace da web do Concello de Oroso atoparás máis información a través da páxina de Facebook do Club Tambre Bike, así como os planos do percorrido.

Cómpre ter en conta que a celebración desta competición deportiva ocasionará restriccións de tráfico e de estacionamento. Tes información detallada ao respecto aquí.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s