Curtametraxes, contos, fotografía e homenaxes individuais integran o programa do Día da Muller do Concello de Oroso

cartel_8marzo_2015

O Concello de Oroso ten preparado un programa multidisciplinar, con actividades enfocadas a todas as idades, para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra cada 8 de marzo. As actividades culturais vertebran esta programación de homenaxe que se desenvolverá o venres, día 6. 

Para os nenos, en colaboración cos centros educativos, haberá unha proxección de curtametraxes en relación co Día da Muller. O alumnado terá que votar o filme que máis lles guste e a curtametraxe gañadora recibirá un premio de 100 euros.

Ás 18:00 horas haberá sesión de contacontos, a cargo de A Tropa de Trapo, que baixo o título Contos de nenas grandes e pequenas ofrecerá una divertida sesión de lecer para toda a familia no Centro Cultural.

Tamén no Centro Cultural, ás 20:15 horas, terá lugar a entrega de premios do V Concurso de Fotografía Muller Traballadora. Inmediatamente despois será inaugurada a exposición cos traballos participantes.

Asemade, o Concello de Oroso seleccionará a mulleres do concello que ao longo da súa vida traballaron e se esforzaron para conseguir un mellor futuro para a súa familia e para a sociedade. O acto de recoñecemento terá lugar en cada casa da galardonada e acudirá o Alcalde e a concelleira de Muller.

Tes a información específica de cada unha das actividades na páxina web do Concello de Oroso.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s