Aberto o prazo para solicitar praza na nova Escola Infantil Chousa Nova ata o 23 de marzo

Visita conselleira EI Chousa Nova 060315

Onte rematou o prazo para solicitar praza na Escola Infantil A Ulloa, pero recorda que no vindeiro curso escolar 2015-2016 entrará en funcionamento a nova escola infantil coa que contaremos no noso municipio, a Escola Infantil Chousa Nova. A imaxe que ilustra esta información (tomada por Crónicas – periódico mensual independente da comarca de Ordes), amosa os exteriores da escola, no transcurso da visita que a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o Alcalde de Oroso, Manuel Mirás, fixeron ás instalacións o pasado 6 de marzo. 

O novo centro educativo terá tres unidades, cun total de 41 prazas, e complementará a actual gardería da Ulloa, que dispón de 61 prazas, en ambos casos de mañá e de tarde.

Así, as familias con nenos ou nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 23 de marzo de 2015 poderán optar a unha das 41 prazas da nova escola infantil de Sigüeiro, que prestará servizo de 8:00 a 18:00 horas. Neste caso, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de marzo no Rexistro Xeral do Concello de Oroso.

Máis información e recollida de solicitudes no Departamento de Servizos Sociais de Oroso (rúa do Deporte nº 9. 981 688 950).

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s