O Concello de Oroso agarda a túa proposta para que se recoñeza o labor dunha persoa ou entidade no eido cultural

Gala Cultura 2015

O venres 10 de abril celebrarse a II Gala da Cultura organizada polo Concello de Oroso. Este encontro ten por obxectivo constituírse nunha plataforma para brindar un recoñecemento público a persoas ou entidades polo seu labor no eido da cultura. Pero o máis interesante desta iniciativa é que o Concello busca as propostas de todos e todas para a elección das candidaturas. 

Podes propor persoas, entidades, asociacións ou empresas que destaquen no ámbito cultural. Os recoñecementos contarán con catro categorías: premio á Traxectoria no eido da cultura; premio á Promesa 2014 (que despunte nalgunha categoría ou disciplina artística); premio á Asociación/Entidade que en 2014 potenciase a cultura en Oroso; e premio á Empresa que apoie a cultura.

Calquera veciño ou entidade de Oroso pode presentar os seus candidatos ou candidatas, sempre que o faga antes do 6 de abril no Rexistro do Concello de Oroso, non solicite o premio para si mesmo (ou para o grupo que represente) e que o seu candidato pertenza ao ámbito municipal de Oroso.

Para presentar unha candidatura, a persoa interesada deberá encher o formulario de inscrición, así como presentar unha memoria que detalle o labor desenvolvido polo candidato ou candidata e que recolla os seus méritos. Máis información sobre as bases e formulario de inscrición na web municipal http://www.concellooroso.com ou no Centro Cultural de Sigüeiro.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s