O xoves finaliza o prazo para solicitar praza no programa “Reorientamos”

programa Reorientamos2015

O xoves, día 19 de marzo, finalizará o prazo para solicitar unha praza no programa Reorientamos, unha iniciativa que pretende mellorar o acceso ao mercado laboral de 15 veciños e veciñas do municipio a través dun programa de formación e de prácticas laborais en empresas colaboradoras do municipio. 

Reorientamos é unha ferramenta de aprendizaxe e integración social e laboral que pon en marcha o Concello de Oroso para loitar contra a exclusión social e laboral de colectivos como a mocidade, os desempregados e outros colectivos en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. O programa combina formación e prácticas, de forma orientada ao mercado laboral máis próximo”.

Esta actividade formativa busca mellorar a empregabilidade das 15 persoas participantes, que serán beneficiarios dunha bolsa do Concello de Oroso e La Caixa para realizar un itinerario formativo a través dun proceso de mentoring presencial. Cada itinerario formativo consta de 3 cursos de Aula Mentor, certificados polo Ministerio de Educación, a escoller polos alumnos sempre e cando sexan dun ámbito determinado e homoxéneo: saúde, hostalería, turismo, administración e xestión, comercio e marketing, madeira, programación…

Aqueles veciños e veciñas que desexen participar deberán entregar no Rexistro xeral do Concello de Oroso as follas de inscrición, que se poden descargar dende aquí. Máis información na Aula de Formación EducaOroso (rúa do Deporte, 7), no teléfono 981 688 950 ou na propia web municipal.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s