Este sábado comeza o VI Concurso de Tapas de Oroso

detapaentapa2015

O sábado, 11 de abril, dará comezo o VI Concurso de Tapas de Oroso ‘De tapa en tapa’. Con 16 establecementos participantes, tanto no casco urbano como nas parroquias, de novo teremos a oportunidade de degustar exquisitas tapas da hostalería local e a un tempo participar nun sorteo con diferentes premios. Os establecementos tamén optan a premios, posto que os seus clientes deberán puntuar as tapas degustadas. 

Con cada consumición será entregada a tapa. Unha vez degustada polo cliente ou clienta, o establecemento selaralle o boleto para poder participar no concurso e ter acceso aos premios. Serán necesarios 6 selos de distintos bares para poder votar e entrar no sorteo dos premios, dos cales un deles deberá ser dalgún dos establecementos participantes das parroquias.

O horario de tapas de 12:00 da mañá ás 15:00 da tarde e de 19:00 da tarde ás 22:00 da noite. O concurso terá lugar esta fin de semana e tamén o fin de semana que vén (días 18 e 19 de abril).

O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes no concello de Oroso e dinamizar a nosa hostalería, ao tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do concello de Oroso en materia de turismo. Na imaxe que ilustra esta información figuran os establecementos participantes. Se pinchas aquí terás acceso a toda a información sobre os distintos premios e as bases do concurso.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s