O venres 17 finalizará o prazo para presentar obras para a exposición conxunta con pintores portugueses

coa presidenta da AAAGP Conceiçao Ruivo

O Concello de Oroso convida aos artistas do municipio a participar nunha exposición con pintores portugueses, que terá lugar no auditorio do Centro Cultural Fernando Casas e Novoa entre o 8 e o 29 de maio, coincidindo coa Festa da Troita. “Queremos que esta exposición sexa un escaparate para artistas de Galicia e Portugal e, ao mesmo tempo, que sexa unha boa ocasión para fomentar o encontro entre artistas dos dous países e unha plataforma para que a Asociación da Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP) poida buscar novos lazos de amizade”, explica o concelleiro de Cultura e coordinador da Festa da Troita, Antonio Leira. 

Esta exposición é froito da colaboración establecida a través do certame GoisOrosoArte. No foro artístico celebrado en Gois o pasado verán no Alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e Antonio Leira tiveron a oportunidade de abordar proxectos conxuntos coa presidenta de AAAGP, Conceição Ruivo (cando foi tomada a imaxe que ilustra esta información).

A exposición terá un número de 30 obras, dun tamaño máximo de 1×1 metros cada unha. Xa está confirmada a presenza de 5 artistas portugueses. O chamamento do Concello de Oroso está dirixido a todos os artistas do municipio que estean interesados en participar nesta iniciativa, que deberán confirmar o seu interese antes do 17 de abril e enviar ao correo biblioteca@concellooroso.com unha fotografía da peza e un breve currículo. As obras que vaian participar na exposición deberán entregarse antes do 7 de maio.

Ademais de participar nesta exposición, que se inaugurará o 8 de maio coincidindo coa Festa da Troita, os artistas comprométense a participar na iniciativa “Arte na rúa”, que terá lugar o sábado 9 de maio. “Queremos que durante esa xornada os artistas saquen a súa arte ás rúas de Sigüeiro, xa que os artistas estarían traballando nas rúa, en contacto cos milleiros de persoas que nos visitan con motivo da Festa da Troita”, sinala Antonio Leira. Unhas obras que pasarían a formar parte do arquivo do Concello de Oroso.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s